Trátase dunha promoción de balde dirixida aos clientes-consumidores dos establecementos comerciais participantes. Pode participar calquera persoa física que realizara algunha compra ou servizo nun establecemento comercial durante o período de vixencia da promoción (do 15 de Decembro de 2014 ao 16 de Xaneiro de 2015).
A cada cliente entregaráselle unha tarxeta cun código impreso único alfanumérico, que o consumidor poderá validar calquera día da semana, as 24 horas do día e ata ás 23:59 h do día 16 de Xaneiro de 2015 a través da web: www.aempe.es. Chegadas as 23:59 h do 16 de Xaneiro de 2015, rematará a posibilidade de que os participantes continúen validando códigos.
Aquelas persoas que non conten con medios técnicos ao seu alcance poderán acudir á oficina de turismo que se instalará dende o 21 de Decembro na praza de España, pola mañá en horario de 11:30 a 13:30 h e pola tarde en horario de 17:30 a 19:30 h.
Para participar os usuarios deberán introducir os datos do código único da súa tarxeta, teléfono, e-mail e código postal.
Todos os datos introducidos polo participante deberán ser veraces. No suposto de que, o participante rexistrárase con datos falsos, ou utilizara de xeito inadecuado tecnoloxía informática para acadar obxectivos fraudulentos, non se terá en conta e quedará excluído da promoción e da posibilidade de optar a premio algún.
Unha vez cumplimentados os campos requeridos de xeito correcto, o sistema informará automáticamente si o participante resultou premiado ou non. A presente promoción farase con igualdade de oportunidades, e con estrito respeto ás normas básicas da boa fe. Por elo, calquera utilización abusiva ou fraudulenta das bases dará lugar á conseguinte exclusión do participante na promoción.
A constatación de calquera das devanditas circunstancias suporá a descalificación automática do participante. No caso de constatar as anteriores irregularidades con posterioridade á aceptación do premio, AEMPE, resérvase o dereito de exercitar todas as accións legais que lle asistan contra os infractores.